lunes, 17 de abril de 2017

FIN DO SEGUNDO TRIMESTRE

A unhas horas de comezar o 3º e derradeiro trimestre de este curso quero amosarvos un resumo do moito que traballaron os alumnos/as de infantil neste trimestre, que acabamos de rematar, nas clases de audición e linguaxe e tamén o ben que o pasamos!!

Un saudiño** e a arranzar con forza este novo trimestre!
    
2ºTRIMESTRE A.L.2017.mp4 from Departamento de orientación on Vimeo.

miércoles, 22 de marzo de 2017

21 de marzo Día Mundial del Síndrome de Down

Onte 21 de marzo celebrouse o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON SÍNDROME DE DOWN.  Neste día búscase sobre todo recoñecer e homenaxear en todo o mundo aos esforzos de quenes naceron coa diferenza xenética que os caracteriza e en definitiva crear conciencias....


http://www.elconfidencial.com/alma-corazon-vida/2017-03-21/dia-mundial-sindrome-down-testimonios-limites_1351725/

martes, 10 de enero de 2017

O XOGO DAS ESTATUAS

Por que non traballar a atención e a concentración dunha forma divertida???
Puxémonos mans á obra e este foi o resultado, un video imitando o famoso "manequi challenge"  xogando cunha adaptación do coñecido xogo das estatuas!!
Veredes que ben o fixemos!!
Un saudiño**

ESTATUAS from Departamento de orientación on Vimeo.

miércoles, 14 de diciembre de 2016

REMATA O TRIMESTRE....

Visto e non visto... así foi este primeiro trimestre do curso!!Pero aínda así aproveitamos ao máximo estes meses para traballar xunto co Dragón Pepón un montón de cousas relacionadas coa linguaxe.
Aquí vos deixo un resumo do trimestre!!
Un saudiño** 


lunes, 14 de noviembre de 2016

CAMPAÑA LIBROS POR KILOS

Dende o 14 de novembro e ata o 9 de decembro temos na entrada do cole unha exposición de libros, calquera membro da comunidade educativa poderá levar un deses libros a cambio dun kilo de comida: fariña, fabas, azucre, lentellas, garavanzos ou algunha conserva.
Todos os alimentos recadados serán levados a "Cáritas" Ponte Caldelas.

Gracias de antemán por colaborar na campaña:   LIBROS POR KILOS.



sábado, 29 de octubre de 2016

CHEGOU O SAMAÍN

Este ano para festexar a chegada do Samaín os pequenos de 6º de infantil nas clases de Audición e Linguaxe, elaboraron un contiño.
Fixémolo intentando aplicar unha variante dunha estrutura de traballo cooperativo FICHA XIRATORIA!!....e velaí tedes o resultado, Agardamos que vos guste!!

Un saudiño**

   
CONTOSAMAÍN2016 from Departamento de orientación on Vimeo.